As mámoas

Un dos feitos máis relevantes que caracterizan a paisaxe galega, xunto cos castras, son as mámoas. As mámoas, a nivel xenérico, están situadas en sitios altos pero ó mesmo tempo en llano para así poderen ser vistas dende diferentes puntos Geográficos.. A súa cronología varía segundo as zonas pero estarían encuadradas dentro da época do megalitismo.

No presente artigo tratarei de presentar algunhas Generalidades sobre o megalitismo en Galicia e en particular sobre os túmulos megalíticos que se espallan por todo o noso territorio.

A aparición deste fenómeno sigue sendo obxecto de discusión. Para os investigadores británicos débese a unha tradición mesolítica. Para Colín Renfrew débese a que “a mellara agrícola provocaría un aumento demográfico mellorando a calidade de vida polo que se produciría unha emigración na procura de novos territorios. Nestes territorios construirían grandes megalitos como marcas de dominio e propiedade”. O megalitismo non só é unha construcción de grandes pedras senón que tamén forman parte elementos como o home, o espacio e o comportamento humán.

A data aproximada da aparición do megalitismo seria ó redor do IV milenio a.C., e como apunta Rodríguez Casal aquí, en Galicia, estaría relacionado coa penetración de grupos humáns procedentes de Portugal.

Xeolóxicamente as mámoas soense ubicar en lugares onde predomina a materia prima para realizar as construccións. Topográficmnente e tomando como referencia a López Cuevillas as mámoas “situanse en zonas vencelladas a unha economía gandeira propia da media montaña”. Tendo en conta o factor religioso e social, a función monumental das mámoas sería a de estar emprazadas en cumes dos outeiros co fin de seren albiscadas dende lonxe integrándose así na paisaxe, humanizandoa e servindo de “marca de territorialidade”. A frase aceitada sería a de “tumbas para os vivos” dita por Fleming.

Segundo López Cuevillas “son as mámoas marcas de terra, ou de terra e pedras, case sempre de forma chegada á semisfera, que sinalan e acobillan a un mesmo tempo, o lugar dun ou varios enterramentos”. Esta definición pode ser válida ainda que no fondo hai moita máis complexidades.

As mámoas deste Concello, e en xeral, están moi mal conservadas, xa sexa pola acción do home ou pola erosión. Rondan estas entre os 10 e os 15 metros de diámetro, pero polo xeral sitúense entre os 15 e os 30 metros.

No mapa que se adxunta poden localizarse perfectamente as principais mámoas deste Concello, iso si, todas elas sen excavar.

A nivel superficial a súa descrición seria só a de un montículo de terra que se puxo aí para unha función determinada. Pero, sábese que non só é terra senón que debaixo hai unha serie de pedras colocadas a xeito que tratarei de describir máis adiante. Decir que a meirande parte delas foron esquilmadas tanto no século pasado como a principios do presente xa que a xente creía que contiñan ouro..

As mámoas poden ser de diferentes tipos sendo a máis comúns as de tamaño regular sen corredor. A descrición tipolóxica sería a seguinte: a parte principal estaría constituída por unha serie de pedras que se colocarían verticalmente facendo un círculo e sobre estas colocaríase unha gran lousa a modo de teito (hoxe xa se pode ver enriba de cada mámoa unha especie de cráter porque a lousa do teito foi sacada ó esquilmalas).

Aínda que hai investigadores que creo que as mámoas terían un fin de demarcación territorial ou que terían relación con algún tipo de ritual mágico, a función funeraria sería a primordial (xa que é onde se enterran os mortos), pero iría unida a seña de identidade e marca dos territorios dun determinado grupo humán. Para cumprir a función funeraria deixarianlle ó morto ofrendas funerarias para que lle resultase doada a viaxe ó alén (trebellos domésticos, ferramentas, armas, etc.).

Para cumprir a función funeraria deixarianlle ó morto ofrendas funerarias para que lle resultase doada a viaxe ó alén.

Entramos así noutra materia como son os materiais que se poden atopar nas mámoas. A nivel xeral estos soen ser pobres debido á espoliación das mesmas e polo mal estado de conservación de moitas. Pero tamén hai casos (fora desta Concello) onde se atoparon ricos axuares. O material lítico que se pode atopar pode ser de diferentes tipos: por un lado está o material óseo, isto é, os osos das persoas enterradas na cámara sepulcral; por outro lado estaría o material lítico de industria, é dicir, pequeños raspadores de oso, puntas de flecha, pedras raspadas, etc. e quizáis o máis importante sexo a cerámica representada en petas, tazas, etc. Nas mámoas que se suporían máis importantes tamén se poden atopar pequeños fragmentos tallados en ouro ou en outro metal.

No que respeta ás mámoas deste Concello cabe sinalar, e tomando como fonte a López Cuevillas, nunha das mámoas de Xirazga atopouse un machado de pedra puída que na actualidade se pode ver no Museo Arqueolóxico de Ourense. Do resto das mámoas non se pode dicir nada xa que se carece de prospeccións e excavacións aceitadas. De tódolos xeitos, ó meu modo de ver, as máis importantes son as que están cerca de Garfián xa que están xuntas e teñen unha orientación de Norte a Sur podendo estar relacionadas con algún tipo de crenza máxica.

A modo de conclusión, cabe recordar que os constructores das mámoas non só se preocupaban pola morte senón que tamén vivían e facían a súa propia historia. O tipo de ocupación sería a de hábita disperso cunha vida nómada ou seminómada. Pero tamén habería grupos sedentarios dedicados tanto ó pastoreo como a unha agricultura itinerante. Dedúcese disto a capacidade de adaptación ó medio ambente destes grupos humáns reducidos en número e sen complicada estructura social.

Como colofón insertarei un párrafo de Rodríguez Casal no que di o seguinte:” quizáis non poderíamos comprender moitos aspectos da idiosincracia do home galego, o porqué das estructuras sociais do noso país ou a tan singularidade ocupación actual do territorio, o minifundismo, a destreza dos nosos canteiros rurais, ou mesmo toda unha chea de lendas, tradicións e sentimentos, sen retrocedernos a ese pasado, momento no que o home vai humaniza-la paisaxe por vez primeira na historia co levantamento de milleiros e milleiros de monumentos en pedras de gran tamaño, indicación simbólica e ó tempo tanxible da perdurabilidade e a eternidade”.