cab_pagina
17.06.2018
Concurso de fotografía Beariz 2018
Xa está aberto o prazo de recepción de fotografías para concursar

BASES do concurso fotográfico de Beariz 2018:
1. As fotografías poden ser en cor ou en branco e negro.
O tamaño das fotografías non será inferior a 18x24 cm. nin superior a 30x40cm.
2. Os traballos,máximo 3 por persoa, presentaranse cada un nun sobre separado, dentro deste, xunto coas fotos
3.1) Sobre no que figurarán os datos do participante,
3.2) Nome, Copia do D.N.I,
3.3) Dirección postal e correo electrónico
3.4) Número de teléfono.
3.5) Deberán aportar unha declaración xurada de que as fotografías son inéditas e foron compostas especificamente para participar no Concurso fotográfico de Beariz.
4. O PRAZO de admisión de traballos remata o 10 de agosto ás 14:00 horas. O fallo do xurado será inapelable e terá lugar o día 13 de agosto ás 20:00 horas no salón de actos do concello.
5. TEMA: Calquera relacionado explicitamente con Beariz e tódalas súas parroquias: paisaxes, xente, festas, tradicións, escenas da vida cotiá, curiosidades, arquitectura, etc.
Deberán ser identificables os aspectos relativos a Beariz.
6. PREMIOS: 200,00 € e diploma. 100,00 € e diploma. 50,00 € e diploma. As
fotografías que fosen admitidas a concurso polo xurado e non resultasen premiadas recompensaranse con 6 euros por fotografía.
7. A propiedade dos traballos será do Concello. Os concursantes nunca poderán
reclama-la propiedade do referido traballo unha vez depositados.
8. O premio poderá quedar deserto de non existir traballos de calidade segundo o criterio do xurado. As fotos poderán ser vistas no Salón de Actos do Concello ata o 22 de agosto en horario de 9 a 14 horas.