A festa máis importante é a do 15 de agosto, na que se celebra con toda a solemnidade a Asunción de Nosa Señora, na capital do municipio. Coñécese coma a "FESTA DO QUINCE".
Séguelle en importancia Santo Domingo, o día 4 de agosto na ermida que ten adicada ó santo na parroquia de Xirazga.
 |
| Procesión do 15 de agosto. 1955 |
- O Carme, en Doade, parroquia de Xirazga, o 16 de xullo. Celébrase na carballeira que hai neste lugar.
- San Pedro, en Muradás. É unha festa variable. Antigamente celebrábase o domingo seguinte ó 15 de agosto, para que estiveran nela os canteiros e segadores, que viñan cada ano para celebrar as festas patronais.
- San Xoán en Magros, o 24 de xuño.
- San Bartolomeu, na Bouza, o 24 de agosto.
- Corpos e San Antonio, en Beariz o 13 de xuño. Esta festa, na actualidade desapareceu no que se refire ó elemento folklórico.
- A Candelora en Lebozán. O día 2 de febreiro.
- O Entroido, en Lebozán. Esta festa, desapareceu, despois da emigración masiva a México, por falta de mocidade, que a puidera manter.
- San Antonio na Ermida, o 13 de xuño.
- Santo Outel na Bouza e Santa Rita nos Liñares, son festas exclusivamente relixiosas.
|