| Roteiros |
Ven a Beariz, descubre a maxia
O concello de Beariz está nunha zona que conta con importantes atractivos turísticos grazas ás súas características naturais e culturais e ás accións de conservación e difusión que veñen sendo desenvolvidas.

Neste contexto considerouse a idoneidade de continuar coa labor de difusión e educación medioambiental comezada realizando proxectos que conduzan a un mellor coñecemento da zona, que contribúa á maior valoración do espazo natural e núcleos rurais do concello. Entre as actuacións para promover estes lugares que se veñen realizando destaca a sinalización, adecuación e difusión dos traxectos e rutas de sendeirismo que xa existen na actualidade no concello de Beariz.
Esta rede de sendeiros contribúe a que os visitantes poidan coñecer os espazos naturais e riqueza histórica e etnográfica do concello mediante un turismo activo e respectuoso co medio. Preténdese aproveitar todo o potencial destes importantes recursos achegando novas ferramentas tecnolóxicas e canles de comunicación que favorezan a actividade turística, comercial e o desenvolvemento integral do concello de Beariz.
Os catro roteiros dos que podes disfrutar son: Xirazga, Alvite, Garfián e Magros. Se queres máis información pincha en cada un deles.
|
|
|
|
© 2007.Beariz.org .Tódolos dereitos reservados Condicions Legais |
Cofinanciado por:
|