Muy buenas tardes señores,
que cosa tan ocurrente, no
sabeis cuanto me alegro al
ver aquí tanta gente.
Hai máis ou menos tres anos
estábamos no Castro comendo
e falabamos do puente, cousa
que xa estamos vendo.
Xa son unha realidade a
carretera e o puente, xa
case está todo feito xa
pouco queda pendiente.
Xa Magros parece outro
con esta vía polo medio
xa se colle a Montañesa
sen levantarse tan cedo.
Coa traída da auga e o
teléfono no pueblo e as
luces polas calles xa todo
queda completo.
Fixémola todos xuntos
con moitas idas e voltas
pois como di o refrán, a
unión fai moita forza.
Coa axuda de San Xoán e
unirnos un pouco máis xa
hai feito algunhas causas e
podemos facer máis.
O gaiteiro toca ben e
cobrar non cobra moito,
axustámolo para hoxe pra
divertirnos un pouco.
Os pueblos que nos rodean
decían ó seu parecer que
comíamos nos solos e iso
non debía ser.
A resta hoxe é pra todos os
pueblos do ayuntamiento; o
que queira pode vir a
divertirse un momento.
Todos tén dereito a ela,
todos deron donativos e
outros que non deron nada
serán ben recibidos.
Nós estamos ben sabidos
que hemos de ser criticados
por celebrar a estas fechas a
fiesta dos Reyes Magos.
Os Reyes levan a culpa e outros
comen o carneiro pois nunca se veu
os Reyes Magos o vintedous de
Xaneiro.
Máis de catro han de decir:
esta éche unha rapazada, e
pensando ben as causas non
se enganan case nada.
Pero mirando atrás e
pensando o que é a vida, se
non se fan estas bromas a
xente esta aburrida.
A comida non importa pois
ninguén ven por comer, ainda
ten máis importancia a festa
que imos facer.
Problemas particulares non
os imos remediar para os
beneficios do pueblo si
debemos cooperar.
Xa pronto nos despedimos
de todos en general; oxalá
de hoxe nun ano poidamos
facer igual.
Esto acabouse señores, se
queren imos comer, queira
Dios de hoxe nun ano todos
poidamos volver.
Chegando ó cruceiro da Bouza
deille a volta ó meu sombreiro.
Adeus mozas de Beariz
señoras do meu diñeiro.
A costa da Ponte Pedriña
debía estar cuberta
para os mociños de Xirazga
cando van a Beariz á festa.
A música da alegría
e comer satisfación
e o estar coas mulleras
reanima o corazón.
A lúa de Compañoa
din que ten un luceiro
e a miña noiva que é un sol
prefire este cabaleiro.
Mociñas as de Xirarga
que fortuna é a vosa
tendes un cura alegre
bonito como unha rosa.
O Alcalde de Beariz
outro coma el non hai
faiche fontes e camiños
e moitas cousiñas máis,
|
Adiós, hasta domingo,
que domingo logo ven
todo me parece tarde
por ver a quen quera ben.
Eu ben vin andar o merlo
dende salgueiro a salgueiro,
casa aquí, casa acolá.
O merlo sempre solteiro.
Agora xa non se estila
pedirlle a filla a seu pai
senón entrar pola porta;
"¿meu sogro, como lle vai?
O meu home veu das Indias
e trouxome unha navalla
cun letreiro que di:
"se queres comer traballa".
Olvidácheme por pobre
e terás moita razón,
amor pobre e limón verde
serven cando hai ocasión.
Quérote porque te quero
e non sei decir por qué,
cando se quera por algo
non é moi fondo o querer.
Quen ten amores non dorme,
quen non os ten adormece
quen os ten lonxanos chora,
quen os ten cerca padece.
Por ben que o Loureiro medre,
ó ceo non ha de chegar,
por ben amores que eu teña
a ti non te hei de olvidar.
Prende salgueiriño, prende,
beira da fonte pequena
tamén os meus ollos prenderon
no corazón dunha nena
Na alma se me cravou
a raíz do teu querer,
mentras eu no mundo viva
outro amor non hei de ter.
Esquecerte a ti por outra
non che cabe no meu peito;
esquecer outra por ti
iso xa cha teño feito.
Anque paso e non che falo
non te deixo de querer,
fugo de intento, meniña
polo non dar a entender.
Funme botar a dormir
ó pe da auga que corre
a auga foime decindo
"quen ten amores non darme":
Adiós, ós que se foron,
adiós ós que se van,
adiós ós mozos todos
adiós, ata mañá.
Recordoume, miña nena
aquelas noites de verán
ti contabas as estrelas,
eu as arcas do chan.
Se queres que brille a lúa
pecha os teus ollos, meu amor,
que mentres os tes abertos
a lúa pensa que hai sol.
De mañá en oito dias
han de andar unhas preguntas,
as tuas e máilas miñas
han de andar nun papel xuntas.
Vente viudo, eu voume andando,
vente viudo, eu voume andando,
para que non diga o mundo
"eu por ti vou agardando".
O vaso muíño compadre
tendelo mal aviado,
escarrillame o centro
coma si fora salvado.
O que se casa en...
que mire ben o que fai
si se casa con Marica
tamén se casa coa nai.
Teño que subir ó bido
pra cortar un ramalliño,
e heillo de dar a tua nai
cando a vexa no camiño.
Cando o pino dea noces
e o sanguino bote un figo;
cando floreza o carballo
haste de casar comigo.
O souto ten castiñeiros
e a carballeira carballos
e as mulleras mal casadas
non lle faltarán traballos.
Ben te vin diante do altar
de diante de San Antonio,
ben te vin que lle pedías
que te dera en matrimonio.
Di túa nai que nos casemos
e tes corazón de xeixo;
matrimonios sen amor
é coma carro sen eixo.
|