| Museo |
| Revalorización socio-cultural do patrimonio arqueolóxico de Beariz | ||||||
| Publicado en "O Quince" no 1996 por Manuel García Valdeiras, Arqueólogo. | ||||||
|
¿Que é unha revalorización?. Revalorizar algo é darlle un novo valor ou facerlle aumentar o que xa ten.
¿E unha revalorización socio-cultural?. Toda comunidade humana posúe uns bens culturais, algúns deles son ignorados ou incluso despreciados, por esa mesma sociedade que os descoñece ou os coñece mal. A revalorización trata de abrirlle-los ollos a esa comunidade con respecto ós seus bens culturais, dándoos a coñecer na súa dimensión real e con ela a súa utilidade e valor.
Entón ¿Que é unha revalorización socio-cultural do patrimonio arqueolóxico?. Un dos bens culturais máis ignorado e, ¿por que non decilo'?, tamén máis despreciado é o patrimonio arqueolóxico. A revaloración arqueolóxica intenta dar a coñecer e mostra-la importancia deste ben cultural á comunidade. ¿Que é o patrimonio arqueolóxico?. Como todos sabemos un patrimonio é un conxunto de bens e riquezas. Neste caso é o conxunto de restos históricos que son descubertos e explicados a través da arqueoloxía. ¿Ten Beariz patrimonio arqueolóxico que precise dunha revalorización socio-cultural?. Beariz ten un gran patrimonio arqueolóxico apenas coñecido sendo a excepción a mámoa de Xirazga da que xa nos falou o gran López Cuevillas. D. Manuel Prado, alcalde de Beariz púxose en contacto con nós co fin de elaborar un proxecto que constara de dúas partes independentes e ó mesmo tempo complementarias entre sí, partes que a súa vez, participan dun proxecto a longo prazo para a recuperación do patrimonio histórico-artístico da Terra Montes (Concellos de Forcarei, Cerdedo e Beariz). O primeiro, e imprescindible, paso para un proxecto destas característicasé a realización dunha extensa e intensa catalogación dos xacementos arqueolóxicos cas que canta o Concello; para iso hai que elaborar unha carta arqueolóxica do Concello. O método a empregar para a realización da devandita catalogación é o da prospección arqueolóxica. A primaria fase do proxecto ou prospección consiste na localización dos xacementos, o traballo de campo vai estar precedido por un estudio bibliográfico e documental e complementado por un recoñecemento aéreo. Cada xacemento localizado estará descrito nunha ficha que á súa vez irá acompañada de fotografías, deseños e unha relación dos materiais neles recollidos. Unha segunda fase do proxecto consistirá na excavación dun xacemento arqueolóxico significativo. No caso de Beariz a elección é fácil. O monumento elexido é a mámoa da Xirazga, é o máis coñecido, as súas dimensións son as axeitadas (un xacemento máis grande como un castro, requiriría moito máis tempo e diñeiro) e a súa localización na carballeira da Ermida de Santo Domingo foi aumenta-lo sen valor socio-cultural.
Tendo en conta as características da mámoa e os objetivos que se perseguen coa súa excavación, abordarémo-la actuación da seguinte maneira: debido á inexistencia de algún estudio previo sobre o xacemento, será fundamental o que se lle realice durante a primeira fase de prospección. Aínda así, podemos aventurar unha metodoloxía de excavación: Despois de ter procedido á limpeza superficial da mámoa e do terreo circundante, crearase un espacio cuadrangular de vinte metros cadrados, subdividido en cadrículas de dous metros cadrados. Incluírase tamén unha área exterior de protección (2'5 m a cada lado do cadrado). Procederase entón a un primeiro deseco das estructuras pétreas que a limpeza deixaría parcialmente ó descuberto. Este cadrado de 20 metros cadrados será á súa vez repartido en catro subsectores: N-O, N-L, S-O, S-L; excavaríanse primeiro os subsectores: N-O e S-L para poder faca-lo estado estatigráfico dos cortes N-S e L-O. Todo o proceso estará acompañado polas pertinentes reportaxes fotográficas, debuxos, posicionamento dos materiais atopados, cribado exhaustivo da terra extraída, etc. Ó finaliza-lo traballos de consolidación, colocaremos ó lado do monumento un panel explicativo para unha mellor comprensión por parte dos visitantes. Os obxetivos que se perseguen con este proxecto son de dous tipos: por un lado os meramente culturais como a recollida de datos para a elaboración de tesinas ou teses de doutoramento, a publicación dun informe final dos traballos etc. O outro tipo de obxetivos teñen unha finalidade máis "material" e unha repercusión máis directa, como a integración dentro das normas subsidiarias do concello para os monumentos que se localicen dentro de terreos catalogados como urbanizables, e sobre todo a creación de rutas de senderismo con xacementos arqueolóxicos para promove-lo turismo rural na zona. Se algo nos diferencia do resto dos animáis é que temos consciencia e memoria, a Historia non é máis ca memoria da Humanidade, e a arqueoloxía o instrumento que nos permite coñecer a parte máis antiga e misteriosa da nosa memoria colectiva.
|
||||||
| Museo |
| As mámoas de Beariz |
| Castro de Magros |
| Patrimonio Arqueolóxico de Beariz |
| Comport. relixioso-lúdicos... |
| Capilla de San Juan de Magros |
| Capilla de San Bartolomé |

© 2007.Beariz.org .Todos los derechos reservados Condiciones Legales |
Cofinanciado por:
|