Biblioteca - Artículos
Xogos Populares
Publicado en "O Quince" no 1992.
 
Hai anos os días que non había escola, ou ben ás tardes despois de sair dela, canda xa acabaran as tarefas escolares ou cando xa viñeran coas vacas do monte, os rapaces xuntábanse para xogar nas prazas dos pobos, nas eiras ou nas mesmas estradas. E os xogos que practicaban non eran os mesmos ó longo do ano xa que en cada estación do ano púñase de moda aqueles que eran máis apropiados ó momento climático. No inverno xogábase a aqueles nos que era necesario o movemento e o exercicio para que o corpo entrara en calor. En cambio, no vran eran máis aceitados os de estar quedos.

Estes xogos autóctonos e tradicionais os que tantas veces xogaron os nosos país, os nosos avós e mesmo algún de nos, estanse esquecendo dende que nos últimos tempos proliferaron os medios de difusión ou comunicación, sobre todo a televisión e donde que se levou a cabo a fabricación de xoguetes en serie, mecánicos e industrializados.

Rabo de boi,
rabo de besta,
dixome Deus
que estaba nesta

Por iso, na edición da revista deste ano e en futuras ocasións intentaremos facer unha lembraza deses xogos populares coa intención de recuperalos e que non se esquezan dado que moitos de este xogos están vencellados coa idiosincracia, cultura, historia e antropoloxía do HOME galego, polo que seria unha gran perda que desaparecesen.

Xeralmente antes de empezar calquera xogo había que botá-la sorte para ver quen tiña que empezar ou a quen lle tocaba primeiro escollé-lo bando.

As maneiras de botá-las sortes eran dúas: as de versos, ben fosen en galego ou en castelán e as de picardía e habilidade.

Un exemplo do primeiro caso é o seguinte:

"Rabo de boi, rabo de besta, dixome Deus que estaba nesta"

Como exemplo da outra maneira de botá-las sortes citamos o "das pedriñas". Faise un pequeno burato no chan e dende el cóntase alto ou nove pasos marcándose unha raia arrastrando o pé pola terra. Os participantes póñense detrás desa raia e cada un vai tirando a súa pedriña intentando metela no burato. Se houbera algún empate, volverán tirar só os que teñan que desempatar, manténdose no resto o orde da tirada anterior.

Nalgunhas zonas sustituíase o burato por un pau ou unha liña feita no chan.

Os xogos ós que imos facer referencia son os seguintes:

Ovo, Pico, Araña:

Tras botá-las sortes fanse dous equipos de dous, tres o catro rapaces cada un. Fai falta unha "nai" que estea sentada. Os do equipo que apandan póñense cambados, agachados e agarrados uns detrás dos outros, de tal xeito que o primeiro teña a cabeza apelada no colo da "nai", o segundo detrás do primeiro coa cabeza entre as pernas deste, e o terceiro ou cuarto na mesma posición do segundo.

Os do outro equipo saltan dun en un encima dos que están apandando procurando o primeiro deixarlle sitio ós demais ó saltar. Ó estar todos a cabalo o xefe de riba dirá: "ovo, pico, araña" pondo ó mesmo tempo as mans semellando un ovo, pico ou unha araña. Se o xefe de baixo acerta, os de riba apandan, pero senón vólvese repetí-lo xogo.

Búscase unha "nai" para que sosteña o pano e sexa tamén o xuiz dos acontecementos.

O Pano:

Búscase unha "nai" para que sosteña o pano e sexa tamén o xuiz dos acontecementos. Escóllense as sortes dous equipos de nonos que han de té-lo mesmo número de participantes, correspondéndolle un número a cada un deles: 1, 2, 3, 4,... A nai ponse no medio do campo sostendo o pana co brazo estirado. No chan na mesma dirección do brazo faise unha liño direita separando émbolos campos. Os participantes poñénse detrás dunha liño equidistante do centro, pero que estea lonxe, así como uns vinte ou trinta metros.

A "nai" dirá un número ¡Dous! Nese intre os dous representantes que teñan o número dous, saen correndo para callé-lo pana. O que o leve detrás da rala do seu campo sen que o outro compañeiro he toque coa man, seguirá xogando, e o outro sao para fara, queda eliminado. Pero se o toca antes de chegar a dita lina, entón será o tocado o que sala quedando eliminado.

Neste xogo o que importa é a rapidez e a maneira de enganar e despitar c contrario.

As reglas deste xogo son as seguintes:

  1. Pódese burlar o contrario facendo que se colla o pana para que pasen co pé o campo contrario, e se c pana queda colgado, perde o burlado.
  2. Cada vez que un compañeiro queda eliminado, o seu número ten que ser asumido por outros compañeiros, de xeito que ó final, se so queda un, este ha de representar e xogar por Ídolos números.
  3. Perde aquel equipo que antes quede sen xogadores.
  4. Os números poden suplirse por cures, flores, animáis, etc...

Clube de Amigos de BEARIZ

¿ Esqueceu a súa clave ?
Inscríbete Aquí no clube de amigos
Descubre a maxia - Roteiros de Beariz. NOVO!!


© 2007.Beariz.org .Tódolos dereitos reservados
Condicions Legais

Cofinanciado por: